O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES DE BRIÓN, seguindo a estela de Manuel Antonio no centenario do Manifesto Más Alá quixo facerlle homenaxe aos autores que fixeron unha singradura fructífera na literatura de hoxe, e quen mellor ca Suso de Toro, autor de POLAROID. Todo o alumnado leu unha das súas obras, fixemos unha exposición de carteis no Taboleiro da Lingua e unha mostra bibliográfica na biblioteca, veu o autor a falar ao alumnado de 1º e 1º de bacharelato, foi entrevistado para Radio Embrión e estivo asinando e falando co alumnado toda unha mañá.
Podedes acceder á entrevista de Radio Embrión a través deste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario