luns, 11 de xullo de 2022

PROXECTO: ALTAMIRA, MEMORIA VIVA, PIONEIRA DA GALEGUIZACIÓN



O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA do IES de BRIÓN en colaboración cos Departamentos didácticos e co Concello consideramos que o alumnado de Brión podía enriquecerse ao achegarse á trabe de ouro do coñecemento da contorna a través da revista ALTAMIRA disponible en PDF e noutro formato dixital na páxina do Concello de Brión.

ALTAMIRA é unha das máis lonxevas revistas municipais de Galicia. Desde o ano 1985 saen ininterrompidamente varios números anuais até hoxe. 

O espírito dos fundadores foi dar á veciñanza do Concello unha ferramenta de información de temas importantes tanto municipais coma de interese xeral, partindo da realidade de onde se vivía.

A partir dos seguintes PDF podedes acceder ao ÍNDICE DOS 100 primeiros números e ao ÍNDICE TEMÁTICO para que sexa máis fácil traballar os distintos contidos presentes nas revistas.

MEMORIA VIVA, PIONEIRA DA GALEGUIZACIÓN


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Entradas Destacadas

Benvidos

Queremos saúdar á comunidade educativa do IES DE BRIÓN para que poida acceder ás noticias e recursos que nos axuden a ter ferramentas para m...