mércores, 27 de outubro de 2021

 

Piden garantir por lei a presenza do galego nas plataformas audiovisuais

 Iniciativa do BNG no Congreso para que a Lei do Audiovisual blinde a pluralidade lingüística.

Fonte: NÓS diario

 

Vinte almorzando con Guadi Galego

Fonte: Praza pública

 

A RAG elixe Gonzalo Navaza como académico de número

Ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento de Xosé Ramón Barreiro. 

Fonte: NÓS diario

 

“A expresión ‘Galiza profunda’ implica unha valoración pexorativa do país”

O Parlamento galego rexeita por unanimidade a expresión “Galiza profunda” usada no auto da xuíza de Marbella. 


Fonte: NÓS diario

 

aRi[t]mar celebra seis anos de aventura pola música e os poemas próximos á lusofonía 

A gala, que terá lugar esta cuarta feira en Compostela, premiará Guadi Galego e Márcia, entre outras creadoras. O obxectivo final desta iniciativa é divulgar a música e a poesía da Galiza e Portugal e apostar na lusofonía. As entradas, de carácter gratuíto, están dispoñíbeis para a reserva. 


 Fonte: NÓS diario

luns, 18 de outubro de 2021

"A boa medicina" fala galego"

Unha iniciativa da USC que se estenderá até o mes de decembro defende, a través de frases ligadas coa estratexia de relacionar o respecto lingüístico e o coñecemento, o uso da lingua no exercicio da profesión médica.

Queres ler Platón en galego?

En Twitter tamén se pode ter información sobre bibliografía de filosofía en galego. Unha conta déixanos cada día nesta rede social unha recomendación. 


A reivindicación dun veciño de Rianxo de ser atendido en galego remata nunha multa de 600 euros da Delegación do Goberno

Entradas Destacadas

Benvidos

Queremos saúdar á comunidade educativa do IES DE BRIÓN para que poida acceder ás noticias e recursos que nos axuden a ter ferramentas para m...