xoves, 17 de febreiro de 2022

Florencio Delgado Gurriarán: Día das Letras Galegas 2022

 O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Neste especial, que arrinca hoxe, o Consello da Cultura Galega irá incorporando diferentes contidos co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O documental 'Xeración Perdida 36' busca "recuperar a memoria duns nomes que quixeron borrar da historia"

 No ano 2017 a Deputación da Coruña impulsou o proxecto Xeración Perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña, realizado polo grupo HISPONA (USC) baixo a dirección do profesor Emilio Grandío. O obxectivo deste traballo é o de recuperar a historia das corporacións municipais que na provincia da Coruña fixeron fronte ao golpe militar de 1936, ampliando o coñecemento existente sobre a vida política destes concellos na fase final da II República.

Fonte: PRAZA PÚBLICA

Viki Rivadulla: "Non quería transmitir esa imaxe da Rosalía soidosa, senón esa muller desafiante e forte"

 A cultura do mar e a presenza de figuras femininas son unha constante na obra de Viki Rivadulla. A mostra Atlánticas. Mulleres do Nordés, exposta no claustro alto do Pazo de Fonseca, reflexa á perfección estas dúas cuestións. Seguindo a súa liña artística, Viki tamén deseñou a capa do Sermos Galiza desta fin de semana, un especial sobre Rosalía de Castro

Fonte: NÓS diario

martes, 15 de febreiro de 2022

O renacer de Rosalía de Castro: 'Sermos Galiza' dedica un especial á autora

Sermos Galiza dedica un especial a Rosalía de Castro polo cambio de data do Día de Rosalía. O descubrimento, por parte da investigadora Sagrario Abelleira, de documentos que certifican que a data de nacemento da autora é a do 23 de febreiro de 1837 debuxa un novo mapa simbólico dos espazos da autora. O especial venderase conxuntamente con Nós Diario o vindeiro sábado 19 de febreiro, ao prezo de sempre do semanario.

Fonte: NÓS diario
 

Entradas Destacadas

Benvidos

Queremos saúdar á comunidade educativa do IES DE BRIÓN para que poida acceder ás noticias e recursos que nos axuden a ter ferramentas para m...