luns, 9 de marzo de 2020

Sempre Xonxa

Recomendámosvos a todos ver este clásico do cine galego, co que a parte de entreternos podemos aprender moito de como era a vida uns cantos anos atrás:

Película completa-->https://www.youtube.com/watch?v=nYQ-hYZ9CA4
Fragmento:

Namórate da nosa lingua

Tríptico da campaña "Namórate da nosa lingua" para a posta en valor da lingua galega entre o alumnado do IES de Brión.


































Experiencia d grupo de traballo:

Como todos sabedes, fai unhas semanas fomos por todas as clases do instituto presentando un tríptico sobre os prexuízos do galego, este foi o primeiro proxecto que realizamos como membr@s do Equipo de Normalización Lingüística. O obxectivo era recoller os principais prexuízos que existen sobre a nosa lingua (que os hai aínda que moitos pensen que non) e
expoñer a realidade que os desminte, para iso contamos coa axuda do libro “En galego, por que non?” de Núñez Singala e coa nosa propia percepción. Ademais, tratamos a realidade do galego no instituto segundo a nosa propia visión; recollemos algunhas das palabras e expresións que empregamos ó falar en castelán que en realidade son un galego “encuberto” e tamén escollemos algunhas das palabras e expresións máis típicas e fermosas da lingua galega.
Esperamos que con este tríptico aprenderades cousas novas, reflexionarades e valorarades a importancia de non caer en prexuízos para que cada un ou cada unha se exprese na lingua que queira sen ningún atranco.

Antía Cunqueiro, Tania García, Miguel Gil, Iván Veiga, Sandra Vidal
2º Bacharelato A

martes, 14 de xaneiro de 2020

Benvidos

Queremos saúdar á comunidade educativa do IES DE BRIÓN para que poida acceder ás noticias e recursos que nos axuden a ter ferramentas para mellorar a lingua e sentirse orgullosos dela.

Entradas Destacadas

Benvidos

Queremos saúdar á comunidade educativa do IES DE BRIÓN para que poida acceder ás noticias e recursos que nos axuden a ter ferramentas para m...